O Apalpador en San Valentín
O próximo sábado día 20 as 18.00 horas chegará o Apalpador a San Valentín. Farase un pasarrúas que sairá de diante do C.P.S. San Valentín, e recibiremos ao Apalpador.
A petición da Asociación Semente convidámosvos, tanto a vos como a outras persoas, a que participedes neste acto de recuperación das nosas tradicións.
Todos/as os/as que queirades e poidades acudir podedes traer instrumentos musicais: pandeiretas, tambores, cunchas, gaitas… para participar no pasarrúas e darlle a benvida ao Apalpador.
A Asociación Semente vos agradece a vosa presenza, apoio e colaboración.
Organiza: Asociación Semente
Colabora: C. P. S. San Valentín
Semente é unha asociación da comarca que ten como obxectivo a creación dunha rede de escolas de ensino galego, e a organización de actividades de recuperación cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario