Las niñas y niños del aula de 5 años visitamos el parque de educación vial de Barallobre. Allí nos explicaron las normas básicas de tráfico e hicimos una práctica muy divertida. Como podéis ver a continuación, nos gusta mucho conducir.
Al final de este tercer trimestre, en la clase de 5 años estuvimos trabajando sobre el teatro.
María preparó en casa una obra para representar con marionetas. Hizo las entradas para que todos pudiésemos asistir, hizo los decorados e inventó una historia.
O pasado venres, 6 de xuño, todos os alumnos de infantil fixemos unha visita ao Parque de Bombeiros da Coruña. Os bombeiros explicáronnos como era o seu traballo, o seu equipamento, os camións por dentro e deixáronnos facer algunha que outra práctica. Aquí tedes as imaxes:
Do 26 ao 30 de maio festexamos a terceira e última semana da froita deste curso. Premede na seguinte imaxe e poderedes ver as fotos no blogue de convivencia.
A pasada semana do 5 ao 9 de maio celebrouse a segunda semana da froita deste curso. Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver as fotografías no blogue de convivencia.
As nenas e nenos de 5 anos fomos a facer un almorzo saudable á cafetería do noso centro. Tomamos zume, froitos secos, sándwichs... Podedes ver o ben que o pasamos premendo na seguinte imaxe:
O pasado venres fomos de visita á granxa Belelle. Alí montamos nos ponis, fixemos pan e ademais vimos moitos animais e démoslles de comer. A continuación podedes ver as imaxes do ben que o pasamos.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver a actuación dos nenos e nenas de infantil no festival de Entroido. Tamén poderedes deleitarvos co resto de comparsas de primaria.
O pasado venres recibimos no noso centro a visita da Banda do Tercio Norte. Ademais de facernos pasar un rato estupendo coa súa música, presentáronnos todos os instrumentos que tocan. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos:
Despois da actuación no ximnasio, todos os nenos e nenas disfrazados fixemos un percorrido polas rúas do barrio. Aquí tedes as nosas imaxes:
Ao regresar da nosa ruta, todas as alumnas e alumnos de infantil fixemos unha festa na aula de 5 anos. Comemos doces típicos do entroido e algunha cousiña máis. Saímos así de guapos:
E para o venres, as indicacións do meco eran que nos tiñamos que disfrazar de países do mundo. As nenas e nenos de infantil así o fixemos, e disfrazámonos de chineses e chinesas. Quedamos así de guapos:
Aquí tedes o proceso de elaboración dos disfraces: