Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de junio de 2016

RECITAL POÉTICO. MANUEL MARÍA


Para festexar o Día das Letras Galegas, e xa que o autor homenaxeado este ano era Manuel María, as nenas e nenos de 4 anos recitamos o seu poema O ARCO DA VELLA.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o recital poético de todos os alumnos do cole. 

Esperamos que vos guste!!





Ademais de recitar o poema, tamén o ilustramos entre todos. A continuación tedes a imaxe. E se queredes velo na realidade, podedes visitar a exposición que hai na Casa da Cultura de Fene.




sábado, 7 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS. MANUEL MARÍA

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ENTRE TODOS OS NEN@S DA CLASE IMOS RECITAR O POEMA O ARCO DA VELLA DE MANUEL MARÍA. CADA NEN@ TERÁ QUE APRENDER UNHA ESTROFA.


O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
(Tobías, Samuel, Celia, Antía e Jorge)


O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
(Ada, Saray, Onán, Sabela e Manuel)


o arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.
(David B., Iván, Blanca, Brais e Isabel)


O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
(David A., Luis, Ignacio, Inés e María)


O arco da vella
de luz feito é.
¡resulta un milagre
que siga de pé!
(Daniel, Martina, Julián e Aurora)