viernes, 28 de febrero de 2014

VESTIMENTA DO REVÉS

O meco indicounos que no día de hoxe todos debiamos levar posta unha peza de roupa do revés. Nós fixemos caso das súas ordes e ademais tamén deixamos á vista o envés do noso mandilón.

Aquí o tedes:






Vestimenta do revés - foto montaje


E para o venres... O DISFRAZ!!!


miércoles, 26 de febrero de 2014

OS GORROS DO ENTROIDO

O mandato do meco para o día de hoxe era levar algo na cabeza. Aquí vos queda unha mostra dos nosos gorros:




Gorros - presentacion imagenes


E mañá... UNHA PRENDA DO REVÉS!!!!


ENTROIDO EN ZAPATILLAS


Este ano o noso meco vestido dunha fermosa pirata é o que nos dá as indicacións do que temos que levar cada día da semana.



O martes tiñamos que ir todos en zapatillas. Aquí están:






Zapatillas - foto montaje


E para o mércores... ALGO NA CABEZA!!!!

viernes, 21 de febrero de 2014

ENTROIDO


O tema do entroido deste ano para todo o centro é: PAÍSES DO MUNDO. 
As nenas e nenos de infantil imos a vestirnos de chinos.
Ao longo destes días iremos traballando diferentes aspectos que teñan que ver con este país. Para iso botaremos man dalgúns recursos atopados na rede.






A canción que imos cantar ten a música moi similar á que aparece no seguinte vídeo:






A nosa letra é a seguinte:


SON O CHINO CAPUCHINO MANDARÍN, RIN, RIN,
DO COLEXIO DA XUNQUEIRA VEÑO EU, EU, EU,
COA MIÑA TRENZA DE TAMAÑO REGULAR, LAR, LAR,
EU DIVÍRTOME CANTANDO SEN CESAR, SAR, SAR.

AO ENTRAR NO NOSO PABELLÓN, LLON, LLON,
OS PAÍSES DO MUNDO XUNTOS VAN, VAN, VAN,
E MARCHANDO CON MOITA ILUSIÓN, SION, SION,
COS AMIGOS IMOS TODOS TROULEAR, AR, AR.


1ª SEMANA DA FROITA


A pasada semana do 3 ao 7 de febreiro celebrouse a primeira semana da froita deste curso. Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o vídeo.



miércoles, 5 de febrero de 2014

CANCIÓN SOBRE A PAZ, INFANTIL

Para conmemorar o Día da Paz, todos os alumnos de infantil cantamos unha canción titulada Ser amigos.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver a actuación completa.

Esperamos que vos guste!!





DÍA DA PAZ

EN TODAS AS AULAS DO CENTRO OS ALUMNOS DECORARON UN PARAUGAS POLA PAZ.

Este foi o noso:


Paraugas pola Paz - foto montaje



ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UN MURAL QUE AGORA DECORA UNHA DAS ENTRADAS AO CENTRO.
Os alumnos de cinco anos fixemos as flores e os bonecos. Tamén escribimos a frase de Nelson Mandela.

Mural da paz - foto montaje



Ademais de todo isto, tamén decoramos unhas pombas para levar para a casa, coloreamos unhas pegatinas e fixemos unhas coroas con pombas.