miércoles, 29 de enero de 2014

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ



Para festexar o Día da Paz, os alumnos de infantil cantaremos unha canción relacionada con este tema. É a seguinte:




SER AMIGOS (BIS)
É MELLOR (BIS)
QUE ESTAR PELEXADOS (BIS)
SEN RAZÓN (BIS)

SE HAI MOTIVOS (BIS)
PARA PELEXAR (BIS)
MANS AOS PETOS (BIS)
SEN DUBIDAR
HAI QUE FALAR, NON PELEXAR





Xunto co resto de alumnos do colexio soltaremos as pombas e tamén cantaremos a canción de Juanes Paz, paz, paz.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o vídeo desta canción, que está recollido no blogue de convivencia.




domingo, 12 de enero de 2014

VISITA DOS PAXES REAIS

Os paxes reais viñeron a facernos unha visita á nosa aula. Todas as nenas e nenos entregamos a carta que tiñamos escrita para os Reis Magos, e eles déronnos un montón de caramelos.

Aquí tedes as imaxes do noso recibimento:



FESTIVAL DE NADAL

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver os vídeos do festival de Nadal, tanto de Infantil e Primaria como de Secundaria, que se atopan no blogue de Normalización Lingüística.

A actuación dos alumnos de infantil atópase no primeiro vídeo, titulado Festival de Nadal 2013 1ª parte.




Unha vez rematado o festival, todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha festa conxunta na aula de 5 anos. Estas son as imaxes da mesma:



CUMPLEAÑOS DE MARÍA

María ya cumple 6 años.

Muchas felicidades María!!!!